15
Setembro
ARRANXO DA RÚA GRANDE EN CELEIRO
A partir do vindeiro luns, 18 de setembro de 2017, comezarán as obras de reposición de pavimentos e mellora de instalacións da Rúa Grande, en Celeiro, no tramo comprendido entre os números 70 e 96 de dito vial.
- aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais.
- dotar a este tramo do vial dunha rede separativa de pluviais.
- aumentar a sección da rede de suministro de auga potable, e así garantir o bo servizo da instalación.
- canalización a instalación de telefonía, e así liberar as fachadas do cableado grampado, así como os cruces e interseccións de viais.
- realizar a canalización para nun futuro soterrar a instalación eléctrica e de telecomunicacións que discorre polas fachadas.O cableado tanto de telefonía como o eléctrico, ademais de desmellorar a imaxe global do entorno, cruzan a rúa, e en determinadas zonas está demasiado baixo, o que ocasiona en determinados puntos certos impedimentos para a circulación de vehículos de gran porte.
- demoler o pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abuxardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo urbano de Celeiro.