APOIO Á CONCIENCIACIÓN SOBRE O COLANGIOCARCINOMA

APOIO Á CONCIENCIACIÓN SOBRE O COLANGIOCARCINOMA

O CONCELLO DE VIVEIRO ILUMINARÁ A PORTA DE CARLOS V EN APOIO Á CONCIENCIACIÓN SOBRE O COLANGIOCARCINOMA

Viveiro, 18 de febreiro de 2025. O Concello de Viveiro súmase á conmemoración do Día Mundial do Colangiocarcinoma, que se celebra o próximo 20 de febreiro, iluminando de verde a Porta de Carlos V, un dos seus edificios máis emblemáticos.,.

Con esta acción, Viveiro únese á campaña de sensibilización impulsada pola Asociación de Tumores de Vías Biliares en España (ATUVIBI), contribuíndo a dar visibilidade a esta enfermidade, que é pouco frecuente pero altamente agresiva e de difícil detección

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou a importancia de apoiar iniciativas como esta para sensibilizar á poboación: “Desde o Concello de Viveiro facemos un chamado á comunidade para que se una a esta iniciativa, apoiando a investigación e a difusión de información sobre esta enfermidade. Con pequenos xestos, como iluminar en verde a nosa cidade, podemos marcar a diferenza e contribuír a que máis persoas coñezan e comprendan o impacto do colangiocarcinoma”.

ATUVIBI, unha entidade sen ánimo de lucro creada recentemente en febreiro de 2024, traballa para ofrecer apoio e información ás persoas afectadas por esta enfermidade e ás súa familias, ademais de promover a investigación sobre un cancro que, pola súa escasa visibilidade, enfronta grandes retos no seu diagnóstico temperán e tratamento axeitado.

Saúdos, Comunicación de Viveiro.

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar