ACENDIDO DAS LUCES E BELÉN VIVEIRO ANTE O BERCE

ACENDIDO DAS LUCES E BELÉN VIVEIRO ANTE O BERCE

O CONCELLO DE VIVEIRO DÁ COMEZO AO NADAL NO MUNICIPIO CO ACENDIDO DAS LUCES E O BELÉN 'VIVEIRO ANTE O BERCE'

Viveiro, 10 de decembro de 2024. O Concello de Viveiro deu a benvida á súa tempada de Nadal na pasada fin de semana co acendido das luces e a inauguración do Belén a tamaño real 'Viveiro Ante o Berce'.

A xornada de inauguración do belén, situado, como todos os anos, na zona do atrio de Santa María, incluíu tamén unha chocolatada e a actuación do coro do CEP Lois Tobío.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro quixo destacar "as fermosas luces que alumean a nosa vila un ano máis", así como "o gran traballo das persoas encargadas de crear o belén deste ano".

"O noso belén é un importante reclamo turístico, como se demostra co grande número de visitantes que recibe ano tras ano", sinala a rexedora.

"Isto, sumado ao alumeado, é unha garantía de que este nadal volveremos contar cunha considerable afluencia de xente, co que isto significa para a hostelería e o comercio local", engadiu.

Tanto o belén como as luces de nadal estarán dispoñibles para a súa visita ata mediados do mes de xaneiro de 2025. 'Viveiro ante o berce' está aberto para a súa visita de 10:00 da mañá a 00:00 da noite.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar