| Ponte da Misericordia |

|
Coñecido tamén como Ponte Maior, foi construída sobre a ría de Viveiro no século XV, baixo o reinado de Enrique IV.
Crese que puido ser levantada sobre unha anterior de época romana. Hoxe en día, debido a numerosas remodelacións sufridas ó longo dos anos, tres dos seus doce arcos iniciais permanecen soterrados pola construcción do dique e, posteriormente, do peirao e xardíns.
Fotografía
Autor: José M. Codesido Souto
Ano do concurso: 1999
|
 |
|
|
|
|