Premio Literario "Pastor Díaz" de Novela (05/02/2008)
O Excmo. Concello de Viveiro, co interese de contribuír e seguir a resalta-la figura de D. Nicomedes Pastor Díaz, convoca o VII Premio Literario Pastor Díaz de Novela.
B A S E S
1º Poderán participar tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten as obras escritas en lingua galega .
2º As novelas terán que ser inéditas.
3º A extensión mínima é de 100 folios mecanografados a dobre espacio, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.
4º A contía do premio é de 3000 €
5º As obras enviarense, sen remite e baixo un lema, ó Concello de Viveiro, Departamento de Cultura, 27850 Viveiro (Lugo), coa indicación no sobre de "VII Premio Pastor Díaz de Novela".
Acompañarese dun sobre pechado e baixo o mesmo lema, indicándose o nome, enderezo, curriculum e teléfono do autor.
De cada obra remitiranse cinco copias.
6º O prazo de presentación dos traballos rematará o 30 de decembro de 2008.
7º O Xurado do premio estará composto por membros escollidos entre figuras do mundo da cultura, e darase a coñecer o mesmo tempo que a resolución do premio.
8º Outorgarase un só premio a unha única obra, e o xurado poderá declaralo deserto cando a calidade dos traballos presentados sexa insuficiente.
9º A resolución e entrega do premio terá lugar no ano 2009 nun acto no Concello de Viveiro.
10º O Concello resérvase os dereitos de publicación da obra.
11º Os orixinais non premiados devolveránse os autores que o soliciten no prazo dun mes, contado desde o día da resolución do premio.
12º A participación nesta convocatoria implica a aceptación das bases, asi como a decisión do Xurado, que é inapelable.
|