| Porta da Vila |
É a entrada principal á vila pola antiga calzada romana. Data do século XII. Na súa parte exterior aínda se pode ver parte da antiga muralla.
Hai unha inscrición que reza: “Era. M: CC: LV: IN TEMPO AF:”. Que significa: era 1255 (ano 1217) en tempos de Alfonso (rei Alfonso IX de León).
É o testemuño escrito máis antigo que se conserva na cidade. Na parte interior posúe un retablo do Santo Cristo do Amparo do século XVIII.
|
|
 |
|
|
|
|