CURRÍCULOS PARA TRABALLAR NO RESURRECTION FEST

CURRÍCULOS PARA TRABALLAR NO RESURRECTION FEST

As persoas interesadas en traballar no Resurrection Fest poden deixar os seus currículos na casa do concello dende mañá, 12 de maio.

O Resurrection Fest abre a bolsa de contratación para traballar no Resurrection Fest; igual que en anos anteriores, as persoas interesadas en participar neste proceso, poden deixar o seu currículo na casa do concello e a organización do festival chamará aos posibles candidatos en función das necesidades. O perfil de posto a cubrir é amplo, incluíndo distintos postos de hostelería, persoal de montaxe ou técnicos de producción de eventos, entre outros. O prazo para a súa presentación é de 1 mes.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar