| Gastronomía |
Gracias á inmellorable situación xeográfica de Viveiro, combinando mar, campo e río, a súa mesa conta con grande cantidade e variedade de productos de excelente calidade.
Mariscos :
Percebes, camarón, lagosta, lumbrigante, centola, nécora, ameixas, coquiña, mexillón, berberechos, vieira...
Peixes de río :
Troita, salmón, reo, anguía.
Peixes de mar :
Linguado, rodaballo, robaliza, mero, ollomol, pescada, salmonete, congro, sardiña, chicharro, bonito, lura, lura, angula, parrocha, raia,...
Carnes :
Tenreira, cocho, cordeiro e cabrito.
PRATOS TÍPICOS
Ademais dos pratos típicos da gastronomía galega (caldo, sopas de marisco e peixe, polbo, callos, empanadas, caldeiradas e grellas de carne ou peixe) na cociña viveirense cabe destacar:
Mariscos :
Navallas ó lambe-lambe e con arroz.
Peixes :
Pescada do pincho á galega, bacallao con verdura, arenques con castañas, parrochas en tarteira e, sobre todo, bonito en rolo.
Carnes :
Pastelóns de polo e de carne, torresmos con cachelos e carne en rolo.
Sobremesas:
Torta de Viveiro (améndoa e cabelo de anxo), chulas e amendoados.
Licores :
Licor de guindas e licor de cereixa.
|
|
|
|
|
|