galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Guía Local
Asociacions
Institucions
Axenda Cultural

Axenda Cultural
TEATRO NINGURES. BAILADELA DA MORTE DITOSA. (10/02/2009)

Bailadela da morte ditosa presétanos seis encontros coa morte noutros tantos cadros. Encontros procurados sempre polos personaxes e por diferentes motivos: adiantar a propia morte para fuxir do sufrimento, achegarse a ela para matar a soidade ou o fracaso, abrazala para alimentar outra vida ou acabar nos seus brazos como remate natural dun camiño xa andado. E Roberto Vidal Bolaño píntanos eses cadros coas súas pinceladas características: unha linguaxe áxil e poderosa, uns personaxes trazados con gran profundidade e un achegamento ao tema -a morte buscada, a "ditosa"- sen estridencias, con gran naturalidade, como sempre se tratou na nosa cultura e desde o noso imaxinario.

Elenco: Sonia Rúa, Fran Paredes, Pepa Barreiro, Santiago Cortegoso, Mónica Camaño, Salvador del Río, Casilda García.

Voltar
Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio