galego | castellano | english  
I n i c i o  ·  C o n c e l l o  ·  C i d a d e  ·  T u r i s m o  ·  S e r v i c i o s
Adorno
Situación
Historia
Percorrido
Rutas Sendeirismo
Outras Rutas
Festas
Gastronomía
Praias
Porto Deportivo
Parques e Xardíns
Covas e Grutas
Depósitos Arqueolóxicos
Cruceiros
Galería de Imaxes
Fotografías 360º

Cruceiros
Os cruceiros son unha das máis características manifestacións da arquitectura popular galega. Son cruces de pedra que aparecen habitualmente nos adros das igrexas, cemiterio e encrucilladas de camiños para protección dos camiñantes, santificando lugares relacionados con crenzas pagás que son cristianizadas co propio cruceiro.

A presencia deste elementos é normalmente de orixe devocional, aínda que non faltan os motivos rogativos, de loanza ou de ofrenda como causa da súa construcción. Esta estaba financiada por algunha persoa que pretendía gaña-lo indulto ou o da súa parroquia ante os ollos de Deus, ofrecendo a construcción como voto para pedi-la curación de enfermidades ou protección ante unha situación perigosa. Coa mesma finalidade de protección levántanse cruceiros en campos dedicados ó mercado ou en lugares onde ocorreu algún acto violento para evitar que a alma errante das víctimas poida dana-los viandantes.

O cruceiro é, por tanto, un obxecto sagrado así como o lugar onde se encontra emprazado, é por esto que o cruceiro é obxecto de devoción e respecto, e non só un monumento que sinala o límite das parroquias ou concellos.

Na actualidade séguense esculpindo cruceiros, aínda que a súa simboloxía estase perdendo en certa maneira, respondendo máis a unha función puramente decorativa.

Nos cruceiros pódense distinguir varias partes perfectamente diferenciadas: a basamenta é a parte máis ornamentada do cruceiro consistente nunha plataforma formada por varias gradas e un pedestal sobre a que se apoia a columna o fuste e sobre este o capitel. O capitel presenta motivos decorativos moi diversos, desde motivos vexetais, xeométricos, figuras simbólica, ... e o elemento fundamental de calquera cruceiro, a cruz.

No municipio hai un total de 103 cruceiros distribuídos polas súas parroquias.


Cruceiro dos veciños - Atrio de Valcarría
Cruceiro dos veciños
(Atrio de Valcarría)

Cruz de Rubeira - Chavín
Cruz de Rubeira
(Chavín)

Cruz do Febreiro - San Andrés de Boimente
Cruz do Febreiro
(San Andrés de Boimente)

Excmo Concello de Viveiro · Plaza Mayor 1 · 27850 Lugo · Telf. 982 560 128
 Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio